CONXUNTO DO PORTO DE CEREIXO

Etnográfico
504

Localización

Parroquia: Cereixo (Santiago)

Lugar: Porto de Cereixo

15121  Vimianzo - A Coruña

Coordenadas:
43º 07' 54.5" N - 9º 07' 31.9" W

Descrición

O núcleo do Porto de Cereixo presenta un dos conxuntos arquitectónicos máis interesantes da Terra de Soneira. Moitas das súas casas son construcións de pedra de excelente cantería con balconadas, que durante a Idade Moderna foron propiedade de familias importantes na zona, algunhas de liñaxe fidalgo, vinculadas aos negocios portuarios, ao cobro de foros ou á administración dos muíños de mareas.
Os edificios máis interesantes do núcleo do Porto de Cereixo son sen dúbida as Torres de Cereixo e Vila Purificación, sen esquecerse da súa igrexa románica e muíño de mareas.
A mención máis antiga que coñecemos desta poboación é unha viaxe que fai o rei Afonso VIII de Galicia e León coa súa corte no ano 1228, probablemente para dotala dunha «carta puebla».

Acceso

Sair de Vimianzo en dirección a Camariñas. Na Ponte do Porto cruzar o río pola súa ponte e seguir a beira da ría ate chegar ao Porto de Cereixo.
Arriba
Axúdanos a mellorar!