FONTE DO POMBAL

Etnográfico
748
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Santa Cristina da Ramallosa (Santa Cristina)

Lugar: O Cruceiro Novo 5

36393  Baiona - Pontevedra

Coordenadas:
42º 06' 33.9" N - 8º 49' 57.3" W

Descrición

Fonte de pedra que se esconde baixo unha arcada nun muro que dá ao Camiño Real ou calzada romana. Ten trazos góticos e pénsase que o seu autor é o mesmo que construíu o Cruceiro da Trindade. Na fronte mostra tres escudos: no centro, as armas da Casa Real de España do século XVI; á esquerda, o da vila de Baiona, e á dereita un terceiro escudo imposible de recoñecer dado o seu estado de erosión.
A fonte ten unha arqueta e unha mina pechadas por portas de ferro, un caño útil e dous inservibles e banco de pedra. Na súa parte posterior ten un pequeno lavadoiro de tres metros.

Acceso

A 1,8 km. desde o núcleo municipal.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués da costa
Arriba
Axúdanos a mellorar!