IGREXA DE SAN XOÁN DE LAXAS

Relixioso
694

Localización

Parroquia: Laxas (San Xoán)

Lugar: Laxas

32514  Boborás - Ourense

Coordenadas:
42º 24' 03.2" N - 8º 08' 44.0" W

Descrición

Templo de orixe románico, con grande expresión do estilo barroco tras varias reformas. Destaca desta época os canzorros nun dos beirís da nave principal, contrafortes exteriores, gárgolas ou sumidoiros e unha porta lateral co arco de medio punto e decorada con  pequenas bolas. Do Barroco, destaca a propia fachada coroada por pináculos con bolas.
No interior da mesma sobresaen os escudos heráldicos, catro en total, tres deles na fronte dun sartego, pertencente á Casa dos Feixoó de Pazos de Arenteiro e cunha inscrición de 1631.
Noutra das capelas con escudo aparece unha inscrición datada en 1660. Nas inmediacións do templo existen dous sartegos antropomorfos que dan fe da antigüidade desta igrexa, datados entre os séculos V a X d.C.

Acceso

En Boborás, continuar por Rúa Cristóbal Colón e a altura da capela coller a dereita para incorporarte a OUR-CV 305. Aquí coller a dereita ata chegar o cruce, no que hai que coller a dereita dirección Pazos na OU0414. Recorre nesta vía durante 3 quilómetros ata chegar o cruce de Laxas e coller a dereita. Tras recorrer un quilómetro, pódese aparcar e chegar a Igrexa á pé.

Estilos

Románico
Barroco

Orden Relixiosa

Cistercienses
Arriba
Axúdanos a mellorar!