CURRO DE SANTA CRISTIÑA

Etnográfico
575

Localización

Parroquia: Berdoias (San Pedro)

Lugar: Santa Cristiña

15128  Vimianzo - A Coruña

Coordenadas:
43º 05' 08.4" N - 9º 04' 45.5" W

Descrición

O de Santa Cristina é o único curro que se conserva da vella xurisdición de Vimianzo. Este mailo de Camelle, xa desaparecido, eran os lugares onde os vasalos dos condes de Altamira debían levar o gando que pastaba nos montes. A referencia documental máis antiga sobre este curro é do século XVI.
Recinto ovalado fechado por un muro de cachotería de pedra de granito con portelas feitas con táboas de madeira rudimentarias. No seu interior hai un hórreo de sete pares de pés máis unha construción e unha eira.

Acceso

Saír de Vimianzo en dirección a Fisterra. Antes de chegar a Berdoias xirar á esquerda en dirección a Pedra do Frade e Ponte do Porto. Continuar por esta estrada até chegar a Santa Cristiña.
Arriba