ALVARIZA DE SANSOBRE

Etnográfico
2490

Localización

Parroquia: Vimianzo (San Vicenzo)

Lugar: Sansobre

15129  Vimianzo - A Coruña

Coordenadas:
43º 06' 08.4" N - 9º 01' 34.7" W

Descrición

Bo exemplo e ben conservado das alvarizas vimiancesas. Trátase dun recinto circular, fechado cun valado de pedra onde se dispoñen de leste a oeste tres ringleiras de laxes de granito baixo as que se colocan as colmeas onde se crían as abellas. Ten un gran tamaño e nel podíanse colocar varios cortizos nos que criar as abellas.  
A alvariza sitúase sobre a aldea, no vello camiño que conecta esta con Trasouteiro.

Acceso

Desde a vila de Vimianzo ir pola rúa Tedín e en Trasouteiro xirar á dereita dirixíndose á aldea de Sansobre.
Arriba