MUÍÑO DAS TORRES

Etnográfico
843

Localización

Parroquia: Cereixo (Santiago)

Lugar: Porto de Cereixo

15129  Vimianzo - A Coruña

Coordenadas:
43º 07' 58.2" N - 9º 07' 35.1" W

Descrición

O muíño de mareas do Porto de Cereixo, chamado tamén muíño das Torres ou das Arceas, foi construído no ano 1674. Esta é a data que aparece nun documento de foro outorgado por Juan Taboada Ribadeneira, conde de Taboada e «señor de la Puebla de Cereixo», aos irmáns Andrés e Pedro de Espasantes.
É o terceiro muíño de mareas en antigüidade dos conservados actualmente en Galicia, despois do muíño de Neda (1609) e o muíño da Seca (1622) en Cambados. Está construído xusto na confluencia do Río de Carnés ou Río Cereixo co río Grande do Porto. Aproveitaba tanto a auga do río como a subida da marea que facía mover 3 moas: unha moía trigo e as outras dúas millo. Sempre foi administrado por caseiros ata que en época contemporánea a condesa vendeuno. Foi transformado en vivenda e é de propiedade privada.

Acceso

Saír de Vimianzo en dirección a Camariñas. Na Ponte do Porto cruzar a ponte e seguir á beira da ría até chegar ao Porto de Cereixo.
Arriba
Axúdanos a mellorar!