CRUCEIRO DE TRASOUTEIRO

Etnográfico
350

Localización

Parroquia: Vimianzo (San Vicenzo)

Lugar: Trasouteiro

15129  Vimianzo - A Coruña

Coordenadas:
43º 06' 18.6" N - 9º 01' 37.4" W

Descrición

O cruceiro forma un interesante conxunto patrimonial co pazo de Trasouteiro, a capela da Nosa Señora da Concepción e as antigas escolas pías, enfronte das cales está situado.
Todo este conxunto, agás o pazo, foi mandado construír a comezos do século XIX por Andrés de Aguiar e Caamaño, bispo de Mondoñedo oriúndo desta casa fidalga.
Trátase dun cruceiro monumental, de longo e esvelto varal erguido sobre unha plataforma octogonal de cinco chanzos. A cruz ten unha figura postrada en actitude orante que podería representar ao benfeitor.
No seu varal hai dúas figuras con roupas de peregrino: San Roque no leste e Santiago Apóstolo no oeste.  O cruceiro sitúase no vello camiño de Vimianzo a Santiago de Compostela.

Acceso

Desde a praza da vila, continuar pola rúa Tedín até chegar a Trasouteiro.
Arriba
Axúdanos a mellorar!