HÓRREOS DA BOUZA

Etnográfico
582

Localización

Parroquia: Berdoias (San Pedro)

Lugar: A Bouza

15128  Vimianzo - A Coruña

Coordenadas:
43º 04' 12.7" N - 9º 05' 03.0" W

Descrición

Na Bouza existen uns hórreos de feitura moi rústica, cos pés sen labrar ou desbastar. Son simplemente bloques de pedra sobre os que se levantan os cabazos, constituídos tamén por cachotería sen traballar nin pulir. Este modelo de hórreo podería ser dos máis antigos da zona.

Acceso

Saír de Vimianzo en dirección a Fisterra. Antes de chegar a Berdoias xirar á esquerda en dirección a Pedra do Frade e Ponte do Porto. Continuar por esta estrada até chegar á Bouza.
Patrimonio cultural Etnográfico Hórreo ou conxunto singular
Arriba