CRUCEIRO DOS SANTOS

Etnográfico
554

Localización

Parroquia: Bamiro (San Amedio)

Lugar: Cheis

15119  Vimianzo - A Coruña

Coordenadas:
43º 07' 30.6" N - 8º 58' 06.7" W

Descrición

O cruceiro dos Santos ou de Cheis é dos máis antigos de Galicia, do século XV ou comezos do XVI. Atópase nunha encrucillada do vello camiño Real que unía Baio coa Ponte Olveira. Chama a atención a cantidade de figuras que se poden ver na cruz e a propia feitura imitando o tronco dun carballo desta.
No lado oeste represéntase a Trindade, coa pomba-Espírito Santo, o Pai, o Fillo Xesús no colo, e un peregrino. No lado leste, Cristo crucificado con tres cravos, cunha figura postrada aos seus pés e cun anxo cunha coroa sobre a cabeza. A cada lado da cruz están San Xoán e a Virxe María.

Acceso

Saír de Vimianzo en dirección á Coruña. Na rotonda de Santa Irene coller a primeira saída cara a Bamiro. Unha vez rematada a estrada á dereita en dirección á Ruta dos Dolmens. O cruceiro está nun camiño próximo a Cheis.
Arriba
Axúdanos a mellorar!