VIVENDAS INDIANAS NO CASCO URBANO

Civil
911
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: A Guarda (Santa María)

Lugar: A Guarda

Rúa Galicia

36780  A Guarda - Pontevedra

Coordenadas:
41º 54' 09.2" N - 8º 52' 24.4" W

Descrición

Estas vivendas construíronse na segunda metade do s. XIX e comezos do XX polos emigrantes guardeses a Porto Rico, República Dominicana e Brasil. As vivendas indianas caracterízanse polo emprego de cantaría, azulexo e forxa. Son casas rechamantes que adoptaron as estruturas propias do país americano, o que lles confire unha personalidade propia. Algunhas eran de carácter residencial como é o caso das vilas e outras se dedicaban a negocios ou fins sociais.
Consérvanse un número importante de vivendas en todos as parroquias aínda que destaca sobre todo a rúa Galicia e rúa Porto Rico polo elevado número de edificacións porque os emigrados retornados construíron as súas vivendas con sentido de espazos abertos creando esta importante avenida e as seguintes que a comezos do s. XX destacaba pola súa amplitude.

Acceso

Rúa Porto Rico e rúa Galicia.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués da costa
Arriba
Axúdanos a mellorar!