MUÍÑO DE VENTO DO CAMPO DA TORRE

Etnográfico
923

Localización

Parroquia: Ortigueira (Santa Marta)

Lugar: O Campo da Torre

15330  Ortigueira - A Coruña

Coordenadas:
43º 41' 05.9" N - 7º 51' 23.3" W

Descrición

Atópase no máis alto do outeiro que domina a Vila, sobre o barrio do Ponto, a 65 m. de altitude. Foi construído no ano 1888 na finca onde estivo situada unha fortaleza medieval e un antigo poboado castrexo (do que se conserva o foxo que rodea a cúspide do outeiro).
Tras décadas en estado ruinoso e oculto tras eucaliptos reconstruíuse de maneira fidedigna no ano 2005 e, na actualidade, está en condicións de funcionar como outrora.
Trátase de un muíño fixo de corpo cilíndrico, con cuberta xiratoria e catro pares de aspas. A porta está situada ao SE e ten dúas pequenas fiestras ao SO e outra ao N. A cuberta é cónica. A súa engrenaxe conserva as dúas pedras de moer, unha para o trigo e outra para o millo. Ten unhas dimensións de 4,50 m. de altura e 4,75 m. de diámetro interior.
Estivo en funcionamento ata os anos 30.

Acceso

Dende a praza Isabel II tomar as indicacións que hai por riba da igrexa, dirección Campo da Torre.
Arriba