HÓRREO DA CASA DA PENA

Etnográfico
514

Localización

Parroquia: Beseño (San Cristovo)

15824  Touro - A Coruña

Coordenadas:
42º 53' 14.2" N - 8º 15' 08.1" W

Descrición

Hórreo sobre muros de carga de cachotería, agás os marcos de portas e xanelas, que son de cantería. Tornarratos en coroación de muros e columnas de pedra. Os balaústres e cinta que forman os paramentos verticais, son de madeira. Accédese mediante unha escaleira arrimada a un dos seus lados menores. Cuberta a catro augas con remate de tella curva sobre entramado de madeira.
Recurso privado, visitable.

Acceso

En automóbil son 6,5 quilómetros, uns 8 minutos saíndo da capital municipal, Fonte Díaz, tomar a estrada AC-240 dirección norte, pasando polos lugares de O Barral, A Santaia e Bentín. Cando deixemos atrás o lugar de A Muíña, veremos a man dereita un cruce coa sinalización cara a casa de turismo rural A Pena de Augasantas onde se encontra o recurso.
A pé son 1 hora con 22 minutos seguindo o mesmo percorrido.
Patrimonio cultural Etnográfico Hórreo ou conxunto singular
Arriba