CRUCEIRO EN CALVOS

Etnográfico
735

Localización

Parroquia: Calvos de Socamiño (San Martiño)

Lugar: Xunqueira

15828  Touro - A Coruña

Coordenadas:
42º 50' 49.1" N - 8º 14' 34.7" W

Descrición

Realizado en granito e datado en 1863 segundo consta en inscrición do pedestal. Cruz de sección circular leñosa, ten as figuras de Cristo crucificado no anverso e a Virxe Dolorosa no reverso; capitel de forma cuadrangular, moldurado e con soporte para candil; fuste de sección octogonal que comeza e remata cadrado; pedestal de forma cúbica rematado con molduras e paramentos recuadrar que se apoia sobre plataforma cuadrangular de dous chanzos.

Acceso

En automóbil son 7. 9 quilómetros uns 11 minutos saíndo da capital municipal, Fonte Díaz, seguir a estrada AC-240 dirección Burres ata chegar o lugar de Santaia, alí coller a man dereita hacia a área recreativa de Santaia e continuar recto ata o lugar de Outeiro, nesta intersección continuar recto ata o seguinte cruce onde tomaremos a esquerda dirección Calvos e continuaremos recto ata a seguinte intersección, alí tomaremos cara a dereita seguindo pola mesma estrada ata chegar o lugar da Xunqueira onde se atopa o recurso.
A pé continuar o mesmo percorrido e será aproximadamente 1 hora e media aproximadamente.
Arriba
Axúdanos a mellorar!