CRUCEIRO DO ADRO DE SANTA MARÍA DE IRIA

Etnográfico
365
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Iria Flavia (Santa María)

Lugar: Iria Flavia

15900  Padrón - A Coruña

Descrición

Realizado en granito. Posúe cruz octogonal con pedestal e remates florenzados con botón central, coas imaxes de Cristo crucificado con tres cravos, inclinando a cabeza cara á dereita, mans abertas, con coroa de espiñas, pano de pureza anoado á esquerda e INRI (cartilla); e no reverso a Virxe co Neno sobre peaña; capitel octogonal, con astrágalo octogonal liso, ábaco de lados rectos e follas; fuste octogonal con pedestal cuadrangular, liso e coas imaxes de Santiago Peregrino e de San Francisco; base cúbica que remata con chafráns e con caveiras nos ángulos; plataforma cuadrangular de tres graos. O capitel está reparado con pezas de ferro.

Acceso

Dende Padrón, por a C-550 en dirección Santiago, e a un km aproximadamente, atopamos con Iria Flavia e a súa igrexa a man dereita, nas inmediacións da cal se atopa o cruceiro en cuestión.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa
Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Arriba
Axúdanos a mellorar!