CRUCEIRO DE SAN PAIO

Etnográfico
694

Localización

Parroquia: Ferreira (San Paio)

Lugar: A Seara

15562  San Sadurniño - A Coruña

Coordenadas:
43º 31' 18.7" N - 8º 01' 57.5" W

Descrición

Cruceiro de toelo ou pedra de Moeche, construído a finais do século XIX (1890) a devoción de Manuel López, veciño do lugar. Levantado sobre un pedestal graduado, con inscrición. Presenta un fuste curto, rematado en capitel. A cruz superior mostra un relevo de Cristo crucificado no reverso e outro da Virxe de Pastoriza no anverso. O cruceiro áchase instalado nun ámbito fluvial, nun pequeno afluente do río Grande de Xubía, e nas inmediacións da fonte de San Paio.

Acceso

Dende a capital municipal, tomar o desvío cara a Moeche e Ferreira, a 3 km se atopa a igrexa parroquial de San Paio de Ferreira, e a 200 m. se atopa o cruceiro.
Arriba
Axúdanos a mellorar!