CRUCEIRO DE SANTA MARÍA DE OÍS

Etnográfico
580

Localización

Parroquia: Santa María de Ois (Santa María)

Lugar: Os Loureiros

15316  Coirós - A Coruña

Descrición

Cruceiro situado no adro da igrexa de Santa María de Oídes. Trátase dunha obra sobre unha plataforma de amplas bancadas cuadrangulares. O pedestal ten forma prismática de curta altura e caras lisas. A columna, de sección oitavada con biselado de arestas e remates en punta de frecha, mostra a figura de San Marcos tallada á fronte e a media altura, en posición sedente e colocada sobre peaña. O capitel, neoclásico, presenta unha forma cuadrangular. A cruz, de paus cilíndricos espiñentos imitando as ramas dunha árbore, mostra no anverso a imaxe do Cristo Crucificado baixo a lenda de "INRI". É un talle de formas clásicas, coa cabeza caída cara á dereita, pernas moi flexionadas e pano de pureza anoado á esquerda. No reverso preséntase a imaxe da Virxe gloriosa, coroada, cun amplo e traballado manto e colocado sobre unha peaña con cabeza alada de anxo.

Acceso

Dende Coirós, tomar a estrada N-VIN en dirección Madrid ata o inmediato desvío por unha estrada local a Santa María de Oídes, no adro da igrexa parroquial do cal se acha o cruceiro.
Accesibilidade: coche, autobús, peonil.
Arriba
Axúdanos a mellorar!