PAZO DE DOR / PAZO DE PAXARIÑA

Civil
637

Localización

Parroquia: Xaviña (Santa María)

Lugar: A Paxariña

15123  Camariñas - A Coruña

Coordenadas:
43º 08' 04.9" N - 9º 08' 54.5" W

Descrición

De estilo barroco (S. XVIII), o seu emprazamento actual non se corresponde co orixinal ao ser trasladado de Dor, na parroquia da Ponte do Porto, ao lugar da Paxariña, na parroquia de Xaviña.
O conxunto, un claro exemplo de arquitectura señorial galega, está formado pola vivenda, a capela e, o pombal. A casa, unha construción de formas simples pero rotunda no volume, presenta unha planta cadrada, distribuída en dúas alturas con cuberta a catro augas.
O acceso á parte superior, dende a fachada principal, pode realizarse a través dunha balaustrada labrada que destaca, polas súas connotacións, co barroco compostelán.
Na parte superior tamén destacan, por un lado, o escudo de armas, entre dous vanos e, por outro, unha cheminea de grandes dimensións, situada nunha das fachadas laterais e que rompe co volume do edificio.

Acceso

Pola AC-432 xirar á esquerda á altura de Tasaraño hacia o lugar da Paxariña.
Arriba
Axúdanos a mellorar!