MUÍÑO DE SANTAIA

Etnográfico
440

Localización

Parroquia: Touro (San Xoán)

Lugar: A Santaia

15822  Touro - A Coruña

Coordenadas:
42º 51' 57.6" N - 8º 17' 13.4" W

Descrición

Edificación que mantén aínda case tódolos elementos propios dun muíño deste tipo. Presenta as paredes, conformadas por pedra e cemento, o tellado a dúas augas e de tella, e no seu interior conserva o pé, a capa, e as demais partes dun muíño tradicional.

Acceso

En automóbil saíndo de Fonte Díaz, a capital municipal, son 1, 6 quilómetros uns 3 minutos collendo a estrada AC- 240 dirección norte, pasando polos lugares de O Barral e Santaia. Neste último xirar a dereita seguindo a sinalización cara a Área recreativa de Santaia onde se atopa o recurso.
A pé sería o mesmo percorrido e levaría sobre 18 minutos.
Arriba
Axúdanos a mellorar!