ARCA DO RABÓS

Depósitos arqueolóxicos
1201

Localización

Parroquia: Baíñas (Santo Antoíño)

Lugar: Rabós

15127  Vimianzo - A Coruña

Coordenadas:
43º 02' 15.1" N - 9º 01' 12.9" W

Descrición

A Arca do Rabós é un monumento megalítico de grandes dimensións no que se conserva parte do túmulo de terra de aproximadamente 20m de diámetro e 1,5m de altura. No centro do túmulo obsérvase unha violación que deixa ao descuberto os restos dunha anta con cámara poligonal e corredor orientado ao sueste. O dolmen aparece bastante alterado pero conserva polo menos 3 laxes do corredor, 2 da cámara e a tampa de cubrición da cámara parcialmente rota.
Este monumento megalítico forma parte dunha das necrópoles megalíticas de maior tamaño da Costa da Morte como é a do Chan do Rabós e Chan do Cabral. Á outra beira da estrada pode verse outra das mámoas que compoñen a necrópole.

Acceso

Saír de Vimianzo en dirección a Fisterra. Xirar á esquerda cara a Baíñas, e unha vez na entrada desta aldea a man esquerda está sinalizada a Arca do Rabós.

Accesibilidade

Peonil.
Arriba
Axúdanos a mellorar!