IGREXA DE SAN MARTIÑO DE LALÍN DE ARRIBA

Relixioso
720
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Lalín (Santa María das Dores)

Lugar: Lalín de Arriba

Rúa do Cruceiro 19

36500  Lalín - Pontevedra

Coordenadas:
42º 39' 40.1" N - 8º 06' 25.4" W

Descrición

Houbo neste lugar un mosteiro fundado no século X, era un mosteiro mixto aínda que con dous edificios separados pola igrexa. O mosteiro desapareceu como tal no século XIV, quedando a igrexa.

Conserva da súa fábrica do século XII a ábsida rectangular, na que se pode ver unha ventá dunha arquivolta sobre columnas  de capiteis decorados, un deles con cunchas de vieira. A fachada occidental románica tamén se conserva na súa totalidade. A portada mostra arco de medio punto con dúas arquivoltas soportadas por dous pares de columnas acoroadas; os capiteis e as bases das exteriores non teñen decoración, os das interiores si. O tímpano é liso. Remata a fachada unha espadana dun só arco.

Nos muros de ambos lados consérvase a cornixa con canzorros de diferentes formas, así como as ventás seteiras no muro norte.
No interior o arco triunfal é de medio punto sobre columnas con bases decoradas con garras e capiteis vexetais.

Acceso

Está no casco urbano de Lalín, na rúa do Cruceiro.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Vía da Prata

Estilos

Románico
Arriba
Axúdanos a mellorar!