IGREXA DE SAN PEDRO DE ALPERIZ

Relixioso
497
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Parada (Santa María)

Lugar: Alperiz

36529  Lalín - Pontevedra

Coordenadas:
42º 42' 36.3" N - 8º 01' 50.4" W

Descrición

Igrexa orixinaria de mediados do s. XII. Conserva desta época a portada con arquivoltas de arco de medio punto sobre columnas acaroadas, na parte superior da entrada leva uns saíntes a modo de ménsulas que sosteñen o tímpano sen decoración. A cornixa, tamén románica, amosa canzorros con motivos xeométricos, un deles coa figura dun rostro humano. No interior presenta arco triunfal de dúas arquivoltas con capiteis de decoración vexetal.

No ano 1846 realizouse unha modificación substituíndo a ábsida e agrandando a nave. Tamén se engadiu na fachada unha espadana con base rectangular e arco de medio punto onde se alberga a campá, no cume presenta un pequeno frontón triangular flanqueado por volutas e con un óculo central, aos lados cadanseu pináculo.

Acceso

Dende Lalín coller a estrada N-640 ( despois EP-6010) dirección Carballeda/Ventosa, seguir 7,5 quilómetros ata chegar a Alperiz, unha vez alí avanzar 600 metros ata a igrexa.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Vía da Prata

Estilos

Románico
Arriba
Axúdanos a mellorar!