IGREXA DE SAN PEDRO DE CASTRO DE CABRAS

Relixioso
797
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Castro de Cabras (San Pedro)

Lugar: Eirexe 8

36511  Lalín - Pontevedra

Coordenadas:
42º 38' 56.5" N - 7º 59' 47.9" W

Descrición

Aparece mencionada en documentos relacionados co mosteiro de Oseira a partir de 1210. Da súa fábrica románica conserva o arco triunfal que descansa sobre columnas con capiteis decoradas con grandes follas, nun deles apreciase unha curuxa de longa lingua e no outro un personaxe que sostén un libro na man esquerda e en actitude de bendicir coa dereita. 

Na fachada presenta unha chambrana decorada con bolas que posiblemente fose aproveitada do primitivo templo. A ambos lados da porta campan dúas pías bautismais imposibles de datar pola sobriedade da súa decoración, aínda que de claro aire románico.

Acceso

Dende Lalín coller a estrada PO-533 en dirección a Rodeiro. Dende a rotonda percorrer 10,4 quilómetro ata chegar a aldea de Tecedeiras. Aquí coller o desvío, á esquerda, cara a Igrexa/ Froxán. Seguir 1,3 quilómetros e ao chegar a un novo desvío, tamén á esquerda, xa se ve a igrexa.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Vía da Prata

Estilos

Románico
Arriba
Axúdanos a mellorar!