IGREXA DE SAN ROMÁN DE SANTISO

Relixioso
581
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Santiso (San Román)

Lugar: Eirexe

36512  Lalín - Pontevedra

Coordenadas:
42º 41' 31.2" N - 8º 09' 30.9" W

Descrición

Igrexa reformada completamente no S.XVIII. Chama a atención nesta igrexa a historia da fachada con balaustrada e pináculos na parte superior, e o campanario con dous arcos tamén rematado en pináculos. 
No interior consérvase un fragmento de baldaquino renacentista policromado que fai as veces de frontal do altar.

Acceso

Dende Lalín coller a estrada N-525 en dirección a Santiago de Compostela. Dende a rotonda de As Queimadas percorrer 4 quilómetros ata atopar, á dereita, o indicador cara a Santiso. Coller o desvío e percorrer 1,7 quilómetros ata chegar á igrexa.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Vía da Prata

Estilos

Barroco
Arriba
Axúdanos a mellorar!