HÓRREOS EN A LAXA

Etnográfico
391

Localización

Parroquia: A Arnoia (San Salvador)

Lugar: A Laxa

32417  A Arnoia - Ourense

Coordenadas:
42º 15' 32.1" N - 8º 08' 38.7" W

Descrición

Agrupación de 8 hórreos de madeira tipo “palleira” de tipoloxía frecuente na parte occidental de Ourense e Pontevedra. Son hórreos de cámara rectangular de pequenas dimensións e suspensión baixa, sobre pés de sección cadrada e tornarratos circulares. As cubertas, que voan sobre a cámara, son a dúas augas con cubrición de tella curva do país.

Acceso

Atópanse na estrada principal OU-402.
Patrimonio cultural Etnográfico Hórreo ou conxunto singular
Arriba
Axúdanos a mellorar!