ADEGAS EN LAPELA

Etnográfico
3

Localización

Parroquia: A Arnoia (San Salvador)

Lugar: Lapela

32417  A Arnoia - Ourense

Coordenadas:
42º 14' 55.1" N - 8º 08' 57.8" W

Descrición

Conxunto de adegas construídas entre os terreos de viñedo a “turramonte”,  (contra o terreo) aproveitando a pendente da ladeira. Edificios cúbicos de planta rectangular, muros portantes de cachotería granítica e cuberta a unha ou dúas augas con cubrición de tella curva. Os únicos vans da construción son pequenas bufardas e portas alinteladas con pezas de cantería. Os portalóns de madeira poden ser de dobre folla cun enreixado na súa parte superior para facilitar a ventilación, ou de barrotes tupidos.
Arriba