IGREXA DE SANTA MARÍA DE BERMÉS

Relixioso
501
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Bermés (Santa María)

Lugar: Campo de Bermés

36517  Lalín - Pontevedra

Coordenadas:
42º 43' 10.0" N - 8º 08' 08.8" W

Descrición

Aparece mencionada a parroquia de Bermés nos documentos do bispo Odoario no s. VIII. A igrexa primitiva foi substituída no s. XII. por outra de feitura románica. No seu entorno atopáronse varias estelas funerarias romanas dos s. I-III.

Conserva da súa fábrica románica parte dos muros laterais, neles pódense apreciar métopas decoradas con estrelas de oito puntas ou con flores de pétalos redondos e botón central, así como canzorros con forma de follas, personaxes sentados, aves e cabezas de animais.

A cabeceira e a fachada occidental foron remodeladas a mediados do s XIX. No museo de Pontevedra consérvanse catro capiteis románicos desta igrexa, probablemente pertencentes ao arco triunfal e ao arco faixón da ábsida. Antes de entrar no atrio da igrexa podemos admirar o centenario carballo, inscrito no Catálogo de árbores senlleiras de Galicia.

Acceso

Dende Lalín coller a estrada Av das Cruces/PO-206 e ao chegar a Bermés xirar a dereita, seguir 33 metros ata chegar a igrexa. Tempo estimado: 9 min. Distancia: 8,2 km.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Vía da Prata

Estilos

Románico
Arriba
Axúdanos a mellorar!