IGREXA DE SANTA MARÍA DE DONRAMIRO

Relixioso
346
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Donramiro (Santa María)

Rúa da Igrexa

36500  Lalín - Pontevedra

Coordenadas:
42º 39' 23.1" N - 8º 07' 09.1" W

Descrición

A súa fábrica primitiva é da primeira metade do século XII. Reformada en 1654, conserva da época románica parte da nave e a totalidade da fachada. 

A fachada occidental componse dunha portada con dobre arquivolta sustentada por dous pares de columnas acaroadas moi curiosas por ter a modo de capiteis as bases invertidas de outras columnas; unha ventá seteira; un campanario de dous arcos que soportan un frontón triangular cun óculo central; e coroando o conxunto un Agnus Dei con cruz. De orixe románico semellan ser tamén as dúas pías bautismais situadas á entrada do templo, e a do interior.

O resto da construción é de estilo barroco, destacando o fermoso retablo que alberga no seu interior. Crese que a estatua baixo arcosolio pertence precisamente ó párroco promotor da reforma barroca do s XVII.

Ao pé da fachada está a -anónima por desexo expreso- sepultura do sabio sacerdote e astrónomo don Ramón María Aller Ulloa, nado nesta parroquia no pazo de Filgueiroa, a el débese a construción na súa residencia en Lalín do primeiro observatorio astronómico de Galicia.

Acceso

Dende Lalín coller a PO-534 en dirección a Pontevedra. Dende a rotonda que une esta estrada coa rúa Ramón Aller percorrer 240 metros ata atopar, á esquerda, o desvío con indicativo de igrexa románica, subida por el. A igrexa atópase a 100 metros.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Vía da Prata

Estilos

Románico
Arriba
Axúdanos a mellorar!