IGREXA DE SANTA EULALIA DE LADRIDO

Relixioso
454

Localización

Parroquia: Ladrido (Santalla)

Lugar: O Baleo

15339  Ortigueira - A Coruña

Descrición

Os cimentos da igrexa primitiva adicada ao culto a Santa Eulalia poderían atoparse baixo a planta da actual igrexa, pois xa se cita no s. XII nunha Concordia entre o Bispo de Mondoñedo e o Conde D. Fernán Pérez de Traba.
A igrexa actual foi deseñada e reformada entre 1799 e 1800 por Francisco Javier Cayetano Méndez e Neira de Saavedra, o Cura Reloxeiro de Ladrido, que instalou o seu obradoiro de reloxería na Rectoral, de onde saíron pezas para o Monasterio de Sobrado dos Monxes ou a Casa Real (con Carlos IV).
A igrexa ten planta de cruz latina e unha soa nave. Na cabeceira hai unha capela maior cadrada e dúas sacristías aos lados do altar. Ten os accesos laterais cubertos. Cruceiro con transepto apoiado sobre arcos de medio punto rebaixados.  A fachada principal está composta por unha porta con lintel e un campanario formado por unha espadana dobre. Culmina un friso con frontón curvado e acroterios con bola. A porta de ingreso, de luz rectangular, coincide cun arco con lintel e unha grosa moldura.
Cuberta de tella do país a dúas augas salvo no transepto que é a catro augas.
Arriba
Axúdanos a mellorar!