CASA REITORAL DE SAN CLEMENTE DE MORÁS

Civil
217

Localización

Parroquia: Morás (San Clemente)

Lugar: A Aldea de Abaixo

27876  Xove - Lugo

Coordenadas:
43º 43' 06.3" N - 7º 29' 13.2" W

Descrición

Vivenda rural coa planta en forma de L, cuberta formada por entramado de madeira e cubrición de lousa. Os paramentos verticais de cachotería revocada. Portas e fiestras alinteladas. O seu estado de conservación é ruinoso. Situada no núcleo da Aldea de Abaixo, e próxima á estrada local. Contorna formada por prados, terreos de cultivo, arboredo e edificacións illadas tanto tradicionais como de nova construción.

Acceso

Saír do centro de Xove e tomar a rúa doutor Baamonde Illade á dereita e continuar pola estrada LU-P-2601 durante 3 km. ata unha intersección onde aparece á dereita o sinal de Morás, tomar ese desvío e continuar na estrada LU-P-2601 uns 6 km. máis ata que aparece á man esquerda un desvío que pon Aldea de Abaixo, tomar o desvío e a casa aparece a un quilómetro á man esquerda, fronte á igrexa parroquial, da outra beira da estrada.
Arriba
Axúdanos a mellorar!