REITORAL DE SAN TIRSO DE PORTOCELO

Civil
377

Localización

Parroquia: Portocelo (San Tirso)

Lugar: Vilachá

27877  Xove - Lugo

Coordenadas:
43º 43' 27.0" N - 7º 31' 49.4" W

Descrición

Vivenda rural de titularidade PRIVADA, de planta cuadrangular e cuberta a catro augas formada por entramado de madeira e cuberta de lousa. Muros de cachotería con elementos nobres en cadeirado en vanos e cornixas. Alzado principal revestido en morteiro e pintado. Portas e fiestras alinteladas, e carpintería de madeira. Corredor de madeira soportado por canzorros nun dos seus alzados. Situada á beira da estrada da Deputación do núcleo de Vilachá, nunha contorna formada por prados, terreos de cultivo e edificacións tradicionais e de nova construción.

Acceso

Dende o centro de Xove, tomamos a rúa Doutor Baamonde Illade á man dereita e continuamos recto pola estrada LU-P-2601 durante uns seis km ata unha bifurcación, onde hai que tomar á man esquerda cara a Portocelo e Vilapol, pola estrada LU-P- 2607, atravesar Vilapol, e Portocelo, onde deixaremos a praia á man dereita, e continuar durante un quilómetro máis (dende a praia) ata chegar á aldea de Vilachá, a muralla da casa reitoral aparece no centro do pobo, á man dereita da estrada, e a casa xa se pode distinguir no seu interior.
Arriba
Axúdanos a mellorar!