O PAZO NA RIGUEIRA

Civil
826

Localización

Parroquia: A Rigueira (San Miguel)

Lugar: O Pazo

27849  Xove - Lugo

Coordenadas:
43º 39' 32.1" N - 7º 30' 00.1" W

Descrición

Vivenda rural de muros de cachotería e carpintería de madeira en mal estado de conservación. Presenta unha edificación acaroada á vivenda. Situada no núcleo de Ferrol, o lugar leva o nome de Pazo, o que nos indica, xunto ao feito de que esta propiedade posúe unha capela, a importancia que a casa tivo na rexión. Atópase nunha contorna formada por prados, terreos de cultivo e edificacións tradicionais e de nova construción.

Acceso

Dende o centro de Xove, xirar á man esquerda e tomar a estrada LU-P-2604, pasaremos fronte á Urbanización de Palmeiro e continuaremos nesta estrada durante uns catro quilómetros máis ata chegar ao lugar do Pazo, a construción pode verse xa dende a estrada principal á man esquerda.
Arriba