CASA REITORAL DE XOVE

Civil
507

Localización

Parroquia: Xove (San Bartolo)

Lugar: Xove

Avenida da Deputación

27870  Xove - Lugo

Coordenadas:
43º 41' 05.4" N - 7º 30' 46.9" W

Descrición

Vivenda de planta rectangular e dúas alturas, de titularidade PRIVADA. Ten muros de cantería, e cuberta a dúas augas con cubrición de lousa. Porta de acceso alintelada e fiestras rectangulares con contraventás exteriores en planta baixa. A destacar tres «portasdaire» en planta alta. Carpintería de madeira en todos os vanos. Atópase no núcleo semi-urbano de Xove, nun cruce de camiños entre a estrada autonómica e a da Deputación, rodeada por edificacións tradicionais e de nova construción.

Acceso

Dende o centro de Xove, seguindo a estrada LU-862 en dirección Viveiro, aparece á beira esquerda da estrada, no mesmo cruce que indica o camiño cara a Urbanización Palmeiro.
Arriba