ANTIGA ESCOLA DE XOVE

Civil
3

Localización

Parroquia: Xove (San Bartolo)

Lugar: Xove

27870  Xove - Lugo

Coordenadas:
43º 41' 04.4" N - 7º 30' 33.1" W

Descrición

Edificación de titularidade PÚBLICA, na actualidade alberga as instalacións da GARDERÍA INFANTIL do Concello de Xove. Ten planta rectangular formada por tres volumes, con cuberta a tres augas nos volumes laterais e dúas no central. Cubrición de lousa, e muros de cachotería con elementos nobres de cantería en perímetro de ocos e cornixas. Portas e fiestras rectangulares rematadas en lintel curvo.

Acceso

Atópase no mesmo centro de Xove, situada á beira da estrada autonómica LU-862 no marxe dereita se nos diriximos cara ao oeste, a carón mesmo da Oficina de Turismo de Xove.
Arriba