CONXUNTO DE MUÍÑOS DO RÍO LAGARES

Etnográfico
568
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Vilouriz (Santiago)

Lugar: O Carboeiro

15806  Toques - A Coruña

Coordenadas:
42º 56' 59.7" N - 7º 56' 12.0" W

Descrición

Conxunto de muíños nun treito de río de setecentos metros onde se atopan cinco antigos muíños non conservados pero onde se aprecian as diferencias no tipo de construcións, estas son:
-Muíño de Saamil: de planta rectangular e cuberta a una soa auga, con muros de cachotería.
-Muíño de Salgado Vello: de planta rectangular, posúe dous andares, polo que se supón foi vivenda. Muros de cachotería, pero contén cadeirado nos marcos e ocos. Ten muros de cachotería en un lateral conserva un pequeno arrimo carente de cuberta.
-Muíño do Salgado Novo e Muíño de Rivas: ambos moi similares salvando a forma e a dimensión, son de planta cadrada os muros son de cachotería agás os esquinais e ocos que son de cadeirado.
-Muíño de San Agustín: de planta rectangular, muros de cachotería, cuberta a dúas augas e cadeirado nos ocos e marcos.

Acceso

Pola estrada DP–4604 pola Avenida Toques-Friol. Percorrer por esta estrada un quilómetro e desviarse pola estrada Camiño de Santiago en dirección San Salvador/Vilamor/Vilouriz. Percorrer por esta estrada sete quilómetros pasando Villamor e antes de chegar á seguinte localidade, no cruce de camiños, estaremos no destino.

Camiños de Santiago

Camiño Primitivo
Arriba
Axúdanos a mellorar!