CRUCEIRO DA CRUZ VERDE

Etnográfico
154
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa: Carretera Nacional

15300  Betanzos - A Coruña

Coordenadas:
43º 16' 33.6" N - 8º 12' 28.0" W

Descrición

Interesante cruceiro que se acha situado na estrada nacional, na súa saída cara a Lugo. Non presenta plataforma, sendo o pedestal pequeno e de forma irregular. A columna, de curta lonxitude, ten unha seccion octogonal e remata nun dobre colariño cilíndrico, que á súa vez fai de capitel, pois carece deste. A cruz é ampla, de forma latina e sección cuadrangular con arestas biseladas, leva un letreiro, coa palabra INRI inscrita, na súa parte alta. A imaxe do anverso corresponde a un Cristo crucificado, de forma primitiva e expresión patética. A fábrica é de granito.

Acceso

Está no núcleo urbano.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba