CRUCEIRO DE SANTA MARÍA DE AZOGUE

Etnográfico
131
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa: Santa María

15300  Betanzos - A Coruña

Coordenadas:
43º 16' 55.5" N - 8º 12' 40.8" W

Descrición

Interesante cruceiro que está situado no adro da Igrexa de Santa María de Azogue. A plataforma componse de tres bancadas graduadas cuadrangulares e non leva pedestal. A columna, de forma cilíndrica, presenta estrías verticais e remate en forma de colariño. O capitel é de orde dórica e ten unhas volutas esquemáticas nas esquinas. A cruz, de forma latina, leva sección rectangular lisa. Presenta imaxes tanto no anverso coma no reverso. O primeiro mostra un Cristo crucificado, coa palabra INRI na cabeceira, e o segundo á Virxe Dolorosa, en actitude orante, colocada sobre peaña de querubín alado.

Acceso

Está no núcleo urbano.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba