IGREXA DE SANTA MARÍA DE MOIMENTA

Relixioso
453

Localización

Parroquia: Moimenta (Santa María)

Lugar: Moimenta

36119  Campo Lameiro - Pontevedra

Coordenadas:
42º 33' 20.9" N - 8º 31' 25.9" W

Descrición

Igrexa  de orixe barroco. De fantástica cantaría granítica a fachada da igrexa presenta unha porta alintelada baixo un frontón entrecortado e unha fornela coa imaxe da Virxe sobre a que se abre un oculo e por encima se levanta un campanario central rematada nun morrón. A planta era orixinariamente de forma de cruz latina e posteriormente se lle engadiría a sacristía adosada.

Acceso

Pola estrada Po-222 que vai de Campo Lameiro a Cuntis, cóllese un desvío á dereita sinalizado que leva á aldea de Moimenta.

Estilos

Barroco
Arriba