ERMIDA DE SAN ANTONIÑO DE PENALBA

Relixioso
4

Localización

Parroquia: O Campo (San Miguel)

Lugar: Alende

36110  Campo Lameiro - Pontevedra

Coordenadas:
42º 32' 41.4" N - 8º 33' 04.2" W

Descrición

Capela  do  século XVIII de planta rectangular en cuxa fachada se abre unha porta  alintelada e unha xanela abucinada. Na parte superior unha sinxela espadana coroa o conxunto. A ermida está dedicada a San  Antón.
A capela que se dedica a San  Antón construíuse sobre unha máis antiga da cal non se sabe a súa antigüidade.

Acceso

Chégase por un desvío á esquerda na estrada PO-221 que vai da Lagoa (Campo Lameiro) a Moraña, e conduce ó Castro de Penalba.
Arriba