PARQUE NATURAL COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO E LAGOAS DE CARREGAL E VIXÁN

Natureza no Camiño
724
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Olveira (Santa María)

Ribeira - A Coruña

Coordenadas:
42º 34' 45.8" N - 9º 03' 00.1" W

Descrición

Este parque conta con dunas fixas e unha duna móbil, que é levada cara o interior polo vento do suroeste, mentres que o vento do nordés achégaa á costa. Nestes sistemas medra a especie botánica endémica de Galicia Omphalodes littoralis e hai presenza de plantas como a azucena de mar, que almacena auga no seu bulbo. A Lagoa de Carregal está conectada co océano Atlántico e é un dos ecosistemas máis singulares do parque, con grande riqueza de moluscos. Na Lagoa de Vixán crían numerosas aves acuáticas, como o pato frisado. Un dos anfibios máis destacados deste territorio é o sapo de esporóns, que ten ollos con pupila vertical e só sae  ola noite. Caracterízase polo esporón negro que ten no seu pé posterior, co que escarva galerías na area para enterrarse. Tamén podemos encontrar outras especies protexidas como a londra, o sapoconcho ou a lamprea.

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Arriba