CAPELA DE AS MAUS

Relixioso
2

Localización

Parroquia: Os Baños (San Xoán)

Lugar: As Maus

32848  Bande - Ourense

Coordenadas:
41º 59' 20.7" N - 7º 58' 04.2" W

Descrición

Capela de planta rectangular e muros de cadeirado na fachada principal e cachotería nas restantes. Asenta toda a estrutura murada sobre un zócolo de perpiaño grande. Apenas conta con vans ó exterior; escasa ornamentación, agás unha moldura en baixo releve esculpido nos laterais da porta principal. Porta de madeira con lintel e acceso con escaleiras semicirculares en pedra. Pequena espadana dun arco de medio punto.

Acceso

A 5,6 km. do centro de Bande seguindo a estrada OU-540. Partimos dende a casa do concello pola estrada OU-540 (dirección Lobios) ou tamén chamada rúa Pombal. Xirar á esquerda (km5,4). Seguir pola estrada 200m. ata o recurso.
Arriba