CASA O MEU REPOSO

Civil
170

Localización

Parroquia: Gaxate (San Pedro)

Estrada da Ponte 17

36853  A Lama - Pontevedra

Coordenadas:
42º 22' 25.8" N - 8º 25' 30.9" W

Descrición

Casa de planta cadrada e cuberta de lousa a catro augas con catro cumios que se xuntan nunha lanterna central, ademáis de outras catro vertentes nas diagonais. A composición da fachada é complexa. A fachada principal amosa un mostrario de arcos nos ocos: medio punto baixo, trebolado no primeiro andar e conopial no baixo cuberta. Nas fachadas laterais substitúese o treboado por oxival, e mantense o resto igual. Canto ás varandas, na fachada principal vense de balaustres de pedra en tanto as laterais son de ferro fundido. A entrada principal ten un soportal, a modo de baldaquino, cuberto cunha terraza á que se pode acceder desde o balcón central. Nas catro esquinas hai galerías circulares de ferro fundido altamente decoradas. Todo o beiril está adornado por unha gardamalleta flamíxera con pináculos nos oito cumios. A fachada é de cantería; saliéntase o cercos dos ocos e as liñas de imposta. Pecha o terreo un enreixado de lanzas sobre muros con piares.

Acceso

Na mesma estrada de Gaxate dirección parroquia de Verducido.
Arriba
Axúdanos a mellorar!