PAZO DO CHIRLEU

Civil
644

Localización

Parroquia: Seixo (Nosa Señora do Carme)

Lugar: Aguete

Rúa Gagos Mendoza

36913  Marín - Pontevedra

Coordenadas:
42º 22' 29.2" N - 8º 44' 11.1" W

Descrición

A súa construción data de 1801. Pertenceu a D. Juan Antonio Gago de Mendoza, fillo ilustre de Marín que durante a Guerra da Independencia liberou a vila e a súa comarca do dominio francés o 4 de abril de 1809. Este pazo foi alterado en varias ocasións para albergar distintas finalidades. Nas súas orixes estaba dotado de foxo, peirao propio e muralla. Deixando o seu carácter residencial o transformaron en fábrica de salgadura, despois en estaleiro e recentemente foi parte da sede do Club de Mar de Aguete.

Acceso

Saíndo do núcleo urbano de Marín pola Praza de España collemos a PO-551 en dirección a Seixo. Na rúa Doutor Otero Ulloa, á altura da Capela Evanxélica xirar a dereita en dirección Porto e Praia de Aguete .
Arriba
Axúdanos a mellorar!