CASA DO CONVENTO

Civil
311

Localización

Parroquia: San Fiz de Monfero (San Fiz)

Lugar: O Convento

15619  Monfero - A Coruña

Descrición

Edificación vinculada ó Mosteiro, situada a pouco máis de 100 metros arriba do Mosteiro. En abril de 2010, encontrábase en rehabilitación como “Casa do Parque das Fragas do Eume” pola Xunta. O edificio adaptase ó lixeiro desnivel do terreo, estando configurado por dous volumes, un de planta cadrada ó que se lle apega perpendicularmente un de traza rectangular. O volume orixinal parece selo volume cúbico que, a xeito de torre, conta con dúas alturas, tendo un acceso independente desde o exterior para a planta terrea e para o primeiro andar, xa que con seguridade o baixo se destinaba a cortes e no andar superior se situaban as dependencias privadas da casa. Situado por baixo deste volume, o núcleo principal da casa, á que se lle van apegando diversos corpos, que lle confiren un certo xogo volumétrico. Un forno e un soportal na parte posterior, e un alpendre na fronte combinan pedra e lousa coa madeira dos cimbros e vigas. Cubertas a catro augas de lousa coroadas cun pináculo no cumio e muros de cachotería.

Acceso

Dende o Concello a case un quilómetro atópase o desvío ao Mosteiro. Se sigue por esa estrada pouco máis de 2 km. Pouco despois do Mosteiro atópase, uns metros máis arriba, esta casa.
Arriba
Axúdanos a mellorar!