IGREXA PARROQUIAL DE SAN MAMEDE DE VILAR

Relixioso
490

Localización

Parroquia: Vilar (San Mamede)

Lugar: A Igrexa

36874  Mondariz - Pontevedra

Coordenadas:
42º 13' 53.8" N - 8º 28' 44.5" W

Descrición

A igrexa responde o formato de planta rectangular, rematada nunha cabeceira cadrada, máis estreita e alta que o corpo principal. Polo muro setentrional da ábsida engádese unha sancristía. Todo o conxunto é de cantaría.
A fachada principal organízase como un lenzo unitario, enmarcado por pilastras laterais, e coroada por un campanario central. No eixo central deste paramento ábrese a porta de entrada que se nos mostra enriquecida por unha sinxela moldura. No lintel da porta aparece a inscrición alusiva á construción do templo (1797).
Sobre este oco disponse unha fornela, flanqueada por un friso convexo truncado,a modo de orixinal moldura rampante.
O frontispicio coróase mediante senllas cornixas, que traducen a dobre vertente da fachada, e que se interrompen para albergar entre elas unha espadana de triplo oco. Sobre as esquinas da igrexa e campanario, álzanse pináculos piramidais con remate bulboso.

Acceso

Acceso en coche dende a estrada provincial E.P. 4401.
Arriba