IGREXA DE SAN MIGUEL DE VILAR

Relixioso
535

Localización

Parroquia: San Miguel de Vilar (San Miguel)

Lugar: Vilar

15822  Touro - A Coruña

Coordenadas:
42º 50' 46.6" N - 8º 23' 08.6" W

Descrición

Igrexa parroquial do século XVIII de estilo barroco. Planta rectangular dunha nave, cabeceira cadrada destacada. Fábrica revocada de cachotería e mampostería de granito. Fachada con pilastras en esquina de pináculos. Torre sobor de zócalo de cornixa con colgantes, entablamento moi moldurado. Van de medio punto peraltado sobre impostas. Remate de temple octogonal con pilastras de placas nos ángulos, cornixa moi movida e moldurada, cupulín peraltado con nervios resaltados. Presbiterio con arcaván triunfal de medio punto sobre pilastras e impostas. Entablamento corrido con colgantes de placas, arcaváns forneiros resaltados e bóveda de aresta.

Acceso

En automóbil saíndo de Fonte Díaz, a capital municipal, son 12, 5 quilómetros uns 15 minutos collendo a estrada AC-240 dirección sur durante 12 quilómetros pasando por indicación de Loxo, Prevediños ata que vexamos a Igrexa parroquial de San Pedro de Vilar, xirar a man esquerda.

A pé seguindo o mesmo percorrido levaría aproximadamente 2 horas e 45 minutos.

Estilos

Barroco
Arriba
Axúdanos a mellorar!