IGREXA DE SANTA UXÍA DE FAO

Relixioso
542

Localización

Parroquia: Fao (Santa Uxía)

Lugar: A Eirexe

15822  Touro - A Coruña

Coordenadas:
42º 50' 52.9" N - 8º 17' 47.9" W

Descrición

Igrexa de planta rectangular con dous corpos apegados que conforman interiormente sendas capelas. Muros de cachotería lucida con morteiro de cemento, salvo na súa fachada principal que é de cantería, con porta principal de lintel recto, con pequena xanela encima e coroado por unha espadana de dous ocos que aloxan sendas campás e outro por encima que inclúe un pequeno campanil. Compleméntase o conxunto con diversos adornos en pedra e unha cruz de metal. Cuberta a dúas augas en nave principal, catro na capela maior e tres nas capelas laterais, con remate de tella curva sobre entramado de madeira.

Acceso

En automóbil saíndo de Fonte Díaz, a capital municipal, 3 quilómetros, uns 5 minutos, hai que coller a AC-240 dirección Ponte Ulla, e xirar no segundo cruce a esquerda, seguindo a sinalización de Foxás, manterse sempre nesa estrada ata chegar a intersección onde deberemos xirar a esquerda e 200 metros despois xa veremos a igrexa a man dereita.

A pé sería sobre 40 minutos.

Estilos

Barroco
Arriba
Axúdanos a mellorar!