IGREXA DE SANTO ESTEVO DE VILLAMOR

Relixioso
685
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Vilamor (Santo Estevo)

Lugar: Eirixe

15806  Toques - A Coruña

Coordenadas:
42º 56' 36.2" N - 7º 57' 06.8" W

Descrición

Igrexa de planta cadrada, con muros na súa fronte de cachotería, descoñecéndose no resto ao atoparse lucidos e pintado de cor branca. Porta principal de cargadoiro recto e por encima desta, oco abucinado con cargadoiro de arco de medio punto. Espadana estilizada con dous ocos que aloxan sendas campás, sendo unha de menor tamaño en comparación coa segunda. Remate de adorno con oco central e adornado con pináculos e unha pequena cruz de forxa.

Acceso

Partindo de Souto cara a Melide, á altura do km 2, lugar do Ribeiro, tomamos unha desviación á esquerda, e seguimos cinco quilómetros ata o lugar de Vilamor de Arriba, onde collemos un desvío á dereita para chegar logo á igrexa de Santo Estevo de Vilamor.

Camiños de Santiago

Camiño Primitivo
Arriba