CAPELA DE SANTA MARÍA DE LOIO DE CORTES

Relixioso
619
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: As Cortes (San Salvador)

Lugar: As Cortes

27611  Paradela - Lugo

Coordenadas:
42º 47' 19.4" N - 7º 35' 57.1" W

Descrición

Capela recentemente restaurada, cunha imaxe de Santiago que representa o nacemento da Orde dos Cabaleiros de Santiago, fundada para protexe-los peregrinos e o sepulcro do apóstolo alá polos séculos IX-X. Moi preto da capela atópanse os restos do antigo Mosteiro de Sta. María.

Acceso

Dende a LU-633, en sentido Portomarín-Paradela, no lugar de Loio, xusto antes de cruza-la ponte sobre o río Loio, coller o desvío á esquerda que indica “Cortes” e “Ruta de sendeirismo de Loio”; seguir as indicacións.

Camiños de Santiago

Camiño Francés
Arriba
Axúdanos a mellorar!