IGREXA PARROQUIAL DE SAN CIBRÁN DE BARCALA

Relixioso
592

Localización

Parroquia: San Cibrán de Barcala (San Cibrán)

Lugar: San Cibrán

15863  A Baña - A Coruña

Coordenadas:
42º 55' 52.7" N - 8º 44' 57.4" W

Descrición

Construída principalmente no S. XVIII, con planta rectangular e cuberta a dúas augas con tella. A nave é de planta rectangular con cadeirado granítico. Na fachada principal, con escasos adornos, atopamos unha cornixa coa figura do patrón, unha fiestra rectangular, tres pináculos nos extremos superiores e a porta no centro. 
O campanario sitúase apartado da igrexa, na parte alta dunha carballeira. Trátase dunha torre duns 5 metros de altura en cantería de granito, cun arco de medio punto sobre as pilastras que alberga a campá.

Acceso

Dende San Vicente da Baña collemos pola rúa Castiñeiras, pasamos a aldea de Señor e seguimos ata a Tarroeira, onde xiraremos á dereita para chegar a continuación a San Cibrán, onde se atopa a igrexa.

Estilos

Neoclásico
Arriba
Axúdanos a mellorar!