IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARÍA DE ORDOESTE

Relixioso
621

Localización

Parroquia: Ordoeste (Santa María)

Lugar: O Cruceiro

15863  A Baña - A Coruña

Coordenadas:
42º 56' 25.8" N - 8º 47' 00.8" W

Descrición

A igrexa foi construída en varias etapas, entre o estilo barroco e o neoclásico. Conta cunha nave con tellado a dúas augas, co presbiterio a diferente altura. A fachada pouco adornada, con porta no centro e fiestra rectangular enriba. Nos extremos superiores ten cruces de pedra, e as esquinas rematan con cadanseu pináculo. Nun lado da fachada destaca a torre do campanario, de estilo neoclásico con tres corpos con base cadrada, parte central con catro arcos de medio punto que gardan as campás, e na parte superior, ademais doutros arcos máis pequenos, remata en cúpula e pináculo. 

Acceso

Dende San Vicente, toma a estrada cara a A Castiñeira. A un km tórcese á dereita cara O Castro, continúase durante un km e medio. Posteriormente, tórcese á dereita e séguese un km e medio. Ao pasar Paraxó, chegamos a Canle e xiramos á esquerda para atopar a igrexa parroquial no Cruceiro, a carón da estrada AC-546.

Estilos

Neoclásico
Barroco
Arriba